Curso ZdZ’25: iniciación

Óscar Fernández ofrece un curso de iniciación á zanfona para o que non é preciso posuír instrumento nin coñecementos musicais previos. ZdZ ten zanfonas a disposición das persoas interesadas en achegarse dun xeito intenso nunha xornada para músicos ou non músicos que queiran descubrir este universo sonoro desde o nivel cero. Esta actividade está enmarcada dentro do XXI Zona da Zanfona, Festival Internacional.

O curso ten unha duración de catro horas intensivas con descanso.

Detalles:

  • Curso ‘Iniciación á zanfona’
  • Data: venres 21 novembro
  • Lugar: Centro Social de Santa María. Ronda da Quenlla, Arzúa
  • Horario: 16-20h
  • Prezo: 25€
  • Prazas limitadas
  • Debes encher o formulario dixital de embaixo

Sobre o mestre

Óscar Fernández é unha personalidade de grande peso no folque galego desde os anos 90, foi membro de Saraibas e un dos fundadores e principal arranxista de Os Cempés e do desaparecido grupo bOnOvO. Músico de formación autodidacta principalmente interesado na música tradicional e folc de raices europeas, nunca deixou de experimentar, arranxar e compoñer de xeito semiprofesional nun comenzo co acordeón, gaita , frauta traveseira… Desde o ano 1998 céntrarse case exclusivamente na zanfona xa como profesional combinando a docencia coa música en directo en formacións lideradas por él e colaboracións noutros proxectos. Empeza a estudiar diferentes técnicas de cos consellos do mestre Anxo Pintos e nos cursos da AIZ con Gilles Chabenat, Valentin Clastrier, Anne Lise Foi, Stephane Durand, Pascal Leféuvre, Germán Diaz… Actualmente desenvolve o seu labor como compositor, arranxista e intérprete en solitario ou a dúo co acordeonista Carlos Quintá e co grupo DOA. Ten feito música para documentarios e películas, composto melodías que xa forman parte da tradición da música popular galega. É a referencia galega no emprego da zanfona dun novo xeito de entender o instrumento con referencias á vangarda europea adaptada ás formas musicais galega.

Formulario de inscrición

← Back

A túa mensaxe enviouse

*Recibirás un correo (non inmediato, non automático) coa confirmación da praza e instrucións a seguir para a formalización da matrícula


Scroll ao inicio