
aCentral Folque publica regularmente contidos relacionados coa zanfona. Fundamentalmente a través da súa páxina commons.folque.com que podes visitar aquí.
Atlas de zanfona.
.PDF de vocabulario e organoloxía das partes da zanfona en 12 idiomas con deseños e notas aclaratorias. Feito desde o galego na versión orixinal polo lingüista Antón Santamarina e o músico Ariel Ninas con colaboracións internacionais para as versións en inglés, francés, alemán, neerlandés, italiano, portugués, asturianu, castelán, éuscaro, catalán, polaco e húngaro.
[ENG] Free download PDF with names for parts of the hurdy-gurdy in 12 different languages with designs and comments. By musician Ariel Ninas and linguist Antón Santamarina
Cancioneiros ZdZ.
Colección de partituras ofrecidas por docentes das escolas galegas de zanfona. Publicadas máis de 50 melodías, fundamentalmente galegas tradicionais e de composición desde 2018.
Outras partituras.
Partituras de música contemporánea con zanfona.