Diálogos con Zanfona. Ferrol
Datas: 29 Febrero e 2 Marzo 2008

Diferentes linguaxes e estilos pero un mesmo concepto: a música contemporánea, a do noso tempo, a irreverente, a inconformista.
O centro do mundo musical está na Ferrolterra por un fin de semana. Diálogos con zanfona é un programa que complementa ao IV Encontro coa zanfona contemporánea que se organiza nas mesmas datas no concello veciño de Narón.
Como escusa para traer a Ferrol a eminentes músicos do panorama actual, organízanse dous concertos moi sinalados. “Diálogos con zanfona” é o título que os engloba e ten como obxecto singular o uso deste instrumento ancestral e milenario dentro dun contexto artístico aberto e creativo onde a improvisación e tradición conviven dun xeito natural.
“Diálogos con zanfona”, é unha serie de 3 concertos en dous días que xiran ó redor do instrumento. Como nexo común, a zanfona será a protagonista nestas noites.
O evento estelar desta serie é a presentación do traballo discográfico do Projecto Miño da Baldo Martínez Grand Ensemble cun elenco de músicos de sona internacional que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Minho fronteirizo. Valentin Clastrier, colaborador na gravación do CD acompañará á Germán Díaz como zanfonistas do evento.
O concerto da Baldo Martínez Grand Ensemble e o seu “Projecto Miño”, presenta o CD do espectáculo liderado polo contrabaixista local Baldo Martínez arroupado por unha formación de 1º liña internacional –David Herrington, Chiaki Mawatari, Antonio Bravo, Maite Dono,…- que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Valentin Clastrier, colaborador na gravación do CD acompañará á Germán Díaz como zanfonistas do show.
O marco escollido será o teatro histórico de acústica impecable do Jofre en Ferrol o venres 29 de Febreiro.
Tamén aí, os virtuosos Matthias Loibner e Germán Díaz tocarán en solitario a noite do domingo 2 Marzo.
Germán Díaz trae o espectáculo O sea, π, música ó redor de instrumentos de manivela e live looping.
Matthias Loibner trae directamente de Viena, un concerto en solitario cheo de emoción e virtuosismo.
Está organizado polo Concello de Ferrol e a Asociación de Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Galicia (www.folque.com) que tamén organiza na mesma findesemana os eventos paralelos no Concello de Narón do 4º Encontro coa Zanfona Contemporánea, esta edición cun curso intensivo do mestre Valentín Clastrier sobre o instrumento.
Programa
Venres 29 febreiro. Teatro Jofre. Ferrol. 20.30 h
BALDO MARTÍNEZ GRAND ENSEMBLE. Concerto Projecto Miño.
- Baldo Martínez contrabaixo, composición e dirección
- Maite Dono voz
- Chiaki Mawatari tuba e serpentón
- Antonio Bravo guitarra eléctrica
- David Herrington trompeta e fiscorno
- Alejandro Pérez saxos tenor e soprano, clarinete
- Pedro López batería e percusión electrónica
- Lucía Martínez vibráfono e percusión
- Germán Díaz zanfona
- Valentín Clastrier zanfona
Domingo 2 marzo. Teatro Jofre. Ferrol. 20.30 h
Concertos solistas:
- Matthias Loibner
- Germán Díaz
Biografías
Baldo Martínez: O contrabaixista galego Baldo Martínez é un dos músicos máis representativos do jazz contemporáneo no país, na liña do Jazz europeo actual alterna a súa actividade musical entre o Jazz e a música libre improvisada. Entre os seus proxectos mas recentes,o Projecto Miño, presentado en xira realizada por Alemania e a Península dende 2005. Recentemente chamado polo lendario pianista alemán JOACHIM KUHN para o “IBERIA TRIO”, co clarinetista Louis Sclavis como invitado. Despois de fundar bandas como Clunia ou Zyklus, en 1994 creou seu propio grupo, sen descoidar colaboracións con músicos coma Kenny Wheeler, Jorge Pardo, Maria Joâo, ou Paolo Fresu.
Para a edición do ano 99 do Festival Internacional de Jazz de Guimarâes (Portugal), encargouselle dirixir o Projecto Minho. Despois de 5 anos dende a súa creación, preséntao en Ferrol co CD do traballo recén editado por Karonte Records.
Valentín Clastrier (Francia 1949). De formación clásica, chega ao instrumento cara o 1970, sen pasar polo repertorio tradicional. Compositor carismático e experimental, é o “pai” da técnica moderna da sanfona. Nos anos 80 desenrola canda o luthier Denis Siorat a zanfona electroacústica.
Autor de media ducia de discos específicos para o instrumento, ten colaborado con artistas de música contemporánea coma Louis Sclavis , Michel Godard ou Carlo Rizzo.
Matthias Loibner (Austria,1969). Zanfoneiro dende 1990 e músico universal, ten tocado con instrumentistas de tódolos continentes. Especialista en música barroca e coautor dun método para zanfona, forma parte de proxectos tan interesantes coma Zykado ou Deishovida.
Desta volta, vén a Ferrol como solista onde amosará o seu virtuosismo e capacidade coma compositor de fermosas e vibrantes melodías.
Germán Diaz (Valladolid 1978). Músico novo de consolidada traxectoria e dominador de diferentes linguaxes (compositor e colaborador para música de teatro, jazz, folk, rock, pop,…) trae ao Encontro “O sea, π”, espectáculo que xira en torno a tres instrumentos de manivela: zanfona, caixa de música e órgano de Barbaria.