1º EcZ 2005. Narón

I Encontro coa Zanfona Contemporánea 2005. Narón

28, 29 e 30 de abril 2006

‘A tradición renovada’

Este é o primeiro encontro sobre este instrumento en Galiza coa pretenxión de seguir divulgando a zanfona cunha perspectiva moderna e entroncada co noso patrimonio musical. Pretende ser o punto de referencia para amadores e especialistas e lugar de partilla e aprendizaxe que se repetirá cada ano cun afán de permanencia e continuidade esencial para crear comunidade e comunión.

O Encontros de zanfona contemporánea é un festival temático ao redor dun dos instrumentos máis antigos de Galicia que leva entre nós 1000 anos cunha presenza reducida en número de instrumentos e músicos ao longo da historia pero de tradición ininterrompida. Actualmente está a sufrir unha revalorización por parte das novas xeracións de intérpretes de estilo “tradicional” e moderno, e leva experimentado nos últimos anos, un espectacular avance nas técnicas de construción, adaptación a outros estilos musicais e demanda aos artesáns.

Os Encontros de Narón pretenden reivindicar a visión máis moderna sobre a zanfona, amosando as diferentes posibilidades e aplicacións que este instrumento ten na actualidade traendo aos mellores artistas internacionais cada ano.

Cada ano pretenderá recurrir a un tema que unifique e dea contido á progamación deseñada desde a organización do evento. esta primeira edición acontecerá en Narón co apoio do Concello por medio do Padroado de Cultura.

As actividades son variadas e específicas contando sempre cun concerto en escenario polo mestre invitado cada ano, un curso intensivo de aprendizaxe para especialistas e accións paralelas para a promoción do instrumento: exposicións, relatorios, actividades infantís, palco aberto…

Programa 2005:

  • Relatorio “A zanfona ibérica” con Xulio García Bilbao
  • Concerto de Trame: Gilles Chabenat e Alain Bonnin
  • Curso intensivo con Gilles Chabenat

Biografía de Gilles Chabenat

Orixinario de Francia Central, lugar onde a tradición deste instrumento foi mellor conservada e de onde proceden os mellores tocadores actuais, Gilles Chabenat é un dos máximos expoñentes das aplicacións contemporáneas da zanfona e con meirande repercusión noutro tipo de músicas fóra das patrimoniais chegando a tocar jazz con Alain Bruel, ou pop con Sting.

Video coa actuación en palco do alunado asistente ao curso impartido por Gilles Chabenat. 12 marzo 2005. Tema: Les beaux jours

Scroll ao inicio