2º EcZ 2006. Narón

II Encontro coa Zanfona Contemporánea. Narón

Datas: 28, 29 e 30 de abril 2006

‘Os sons da zanfona’

Tres actividades ao redor do instrumento: artesanía, concertos e curso amosando as posibilidades e aplicacións da zanfona contemporánea.

As actuacións deseñadas para este ano tentan dar mostra ó público da gran diversidade de propostas musicais que rodean á zanfona contemporánea. Trátase de tres actuacións pensadas para tódo-los gustos na que participan artistas galegos e mais do exterior:

[Zanfona + palabra] con Luis Correa

[Zanfona + danza] co dúo Fdz & Quintá

[Zanfona+0] con Marc Egea, (Catalunya), presenta o seu novo disco titulado Melanocetus. Nel a zanfona é a única protagonista dunha proposta ecléptica e intimista, principio e fin dun círculo vicioso persoal.

PROGRAMA

  • EXPOSICIÓN INTERACTIVA. O ARTESANATO DA ZANFONA.

Xaneco Tubio – Outeiro de Rei, Lugo

Pablo Cid – Antas de Ulla, Lugo

Jaime Rebollo – Marín, Pontevedra

MARC EGEA. (Catalunya)

LUIS CORREA. (Galicia)

Dúo FDZ. – QUINTÁ. (Galicia)

Biografías

Luis Correa

Fundador dos Carunchos e un dos máximo representantes da regueifa actual en Galicia co Trio Liro. Especialista na plicación da zanfona como instrumento de acompañamento ao canto, revivindo a figura do cego e os seus romances, xénero zanfonístico por excelencia. Humor, retranca, espontaneidade e unha gran dose de improvisación son rasgos do seu espectáculo.

Dúo Fdz e Quintá

Dúo de acordeón diatónico e zanfona, formación frecuente noutras tradicións pero que en Galicia non se deu historicamente. Formado Carlos Quintá (Linho do Cuco) e Óscar Fernández (Cempés, bOnOvO). A zanfona é reciclada, adaptándoa aos ritmos bailables populares da tradición galega como muiñeiras e pasodobles, nos que nun principio non estaba presente.

Marc Egea (Catalunya)

Un dos mellores tocadores e compositores para zanfona, membro da Banda de Improvisadores de Barcelona e colaborador habitual en proxectos de danza contemporánea e poesía. Autor de varios discos en solitario, vén de presentar o seu novo disco titulado Melanocetus no II Encontro de Narón. Nel a zanfona é a única protagonista dunha proposta ecléptica e intimista, principio e fin dun círculo vicioso persoal.

Scroll ao inicio