III Encontro coa Zanfona Contemporánea. Narón
Datas: 14, 15 e 16 de marzo 2007

‘O círculo vicioso’
A zanfona en Galicia no século XXI.
A tradición transmitida, a reinventada e a proxectada nas novas xeracións de afeizoados, teñen nos mestres Anxo Pintos e Óscar Fernández, os máximos expoñentes das tendencias actuais da didáctica da sanfona en Galicia: Universidade Popular de Vigo e Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, respectivamente.
Para isto presentamos dous cursos paralelos con cada mestre e dous concertos de cadanseu grupo: Lizgairo e bOnOvO, con quen se poderá contextualizar a dimensión máis contemporánea e máis viva que nunca.
Programa:
Concerto en palco:
- bOnOvO
- Lizgairo
- Teatro musical “O cego da Xestosa”. A cargo da Escola de Teatro do Padroado de Narón
Curso intensivo con:
- Anxo Pintos
- Óscar Fernández
Biografías
Lizgairo
Estrea en Narón deste trío nacido coa intención de disfrutar reelaborando e compoñendo. Baseado na sonoridade de tres instrumentos sobre unha música construída en orixe para baile que dan como resultado un complexo, dinámico e vibrante diálogo sonoro.
- Anxo Pintos: zanfona e violino
- Rodrigo Romaní: harpa céltica e guitarra.
- Xosé Liz: Bouzouqui, frauta e guitarra.
Trio de recente creación, proxecto musical e tecnolóxico, fusión de tres personalidades con voz propia, , con ritmos frenéticos e actitude aberta, presentan un espectáculo en directo inclasificable e imprevisible que non te deixarán indiferente.
- Óscar Fernández: zanfona electroacústica, loops.
- Roberto Grandal: acordeón midi.
- Pulpiño Viascón: batería electrónica, serra, voz