4º EcZ 2008. Narón

IV Encontro coa Zanfona Contemporánea. Narón

Datas: 29 de febreiro a 2 de marzo de 2008

Tres mestres

A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque (www.folque.com) presenta o deseño de dúas produccións coincidentes no mesmo fin de semana e na mesma bisbarra de Ferrolterra e que teñen a zanfona como obxeto vertebrador duns eventos que respostan a un interés crecente por este instrumento.

En Ferrol decorre ao mesmo tempo que este IV EcZ, o programa de concertos ‘Diálogos con zanfona‘.

E o Concello de Narón –a través do Padroado de Cultura- promove o Encontro de Zanfona Contemporánea, xa na súa 4º edición e consolidado coma un referente para os interesados neste instrumento. Como proba, músicos de dispares puntos da Península achéganse cada ano ata Narón para esta cita. Esta é a edición máis interesante, cun cartel de luxo que reflicte a consolidación do proxecto e o apoio institucional e social que un evento deste tipo ten.

Esta edición trae ao córner de Europa o máis importante zanfonista dos tempos modernos. Un artista que emprega a zanfona como medio de expresión e a levou a tal sofisticación que logo de trinta anos en activo, segue a ser fascinante e sen parangón.

O mestre francés Valentin Clastrier será o encargado dun curso intensivo do instrumento nas instalacións do convento-pazo de Baltar.

Cunha traxectoria profesional de máis de 40 anos, aínda segue a ser o máximo innovador da música feita con zanfona, o revolucionador da técnica actual do instrumento e o mestre a quen os novos valores sempre miran. Unha figura inqueda e de amplas miras creativas que desenrola un virtuosismo abraiante, unha capacidade compositiva inesgotable e unha facilidade para a improvisación sen límites.
O curso contará con 12 horas lectivas e como novidade organízase un escenario aberto para zanfonistas solistas ou en formación (tamén con outros instrumentos) con entrada de balde o sábado 1 Marzo á noite.

Instrumento milenario, sintetizador medieval, máquina de sons de xograres, cegos e romarías que hoxe acadou unha alta sofisticación. É precisamente Valentín Clastrier o seu renovador; o gurú que mudou o concepto de instrumento “tradicional” e o levou técnica e estilisticamente a cotas inimaxinables hai tres décadas. O seu maxisterio influíu profundamente nas xeracións seguintes e Matthias Loibner e Germán Díaz son un dos mellores exemplos da continuidade deste estilo inquedo e contemporáneo. Tres Mestres que comparten a zanfona como medio de expresión artística.

Este IV Encontro é a edición máis completa, universal e experimental de todas as celebradas. Os apaixonados do instrumento non terán oportunidade de ver xuntos estes tres xenios en moito tempo e en calquera outro lugar.

A zanfona contemporánea encóntrase. Está aquí e agora. En Narón, hai unha escola de música para aprendermos do instrumento ó longo do curso e un Encontro especial, cita ineludible cada ano cos mellores especialistas do Mundo.

A 1º edición, hai catro anos, trouxo a Gilles Chabenat, un dos mestres franceses máis activos do momento e o seu espectáculo Trame (co pianista Alan Bonnin); na 2ª foi o catalán Marc Egea e a súa aproximación contemporánea e minimalista; a 3ª, centrouse en Galicia con Óscar Fez. (Os Cempés, Bonovo) e Anxo Pintos (Berrogüetto).

Esta edición trae ao córner de Europa o máis importante zanfonista dos tempos modernos. Un artista que emprega a zanfona como medio de expresión e a levou a tal sofisticación que logo de trinta anos en activo, segue a ser fascinante e sen parangón.

Valentin Clastrier (Francia 1949) é un músico de formación clásica. Chega ao instrumento cara o 1970, sen pasar polo repertorio tradicional e desenrola a súa técnica propia, adaptable a calquera estilo e linguaxe musical. Un revolucionario que se mergullou nos alicerces do instrumento: roda e manivela, corda frotada, baixo continuo, elementos de percusión, vibración por simpatía,… para levalo a cotas de perfeccionamento sorprendente. Inventa a novos trebellos técnicos para encher a súa creatividade.

Compositor carismático e experimental é o “pai” da técnica moderna para o instrumento. Nos anos 80 desenrola canda o luthier Denis Siorat a zanfona electroacústica.Autor de media ducia de discos específicos para o instrumento, ten colaborado con artistas de música contemporánea coma Louis Sclavis, Michel Godard ou Carlo Rizzo.

Os contidos do curso serán unha explicación práctica do máis completo método de zanfona escrito ate o momento: La vielle & l’univers de l’infinie roue-archet, ou algo así como A zanfona e o universo do infindo arco de roda.

O Encontro deste ano é un punto de inflexión de tódalas edicións ao traer este personaxe de tanta proxección internacional. Unha dimensión pedagóxica dun maxisterio único e influínte.

E para evento tan especial, un emprazamento singular: o convento-pazo de Baltar. Os asistentes gozarán dunha fin de semana de convivencia nun edificio senlleiro no rural da terra de Trasancos.

O curso contará con 12 horas lectivas e como novidade organízase un escenario aberto para zanfonistas solistas ou en formación (tamén con outros instrumentos) con entrada de balde o sábado 1 Marzo á noite.

Con estes Encontros consolídase a aposta do concello de Narón pola difusión dun instrumento galego, europeo e medieval. Un sintetizador medieval, segredo fascinante de trobeiros e reis que con este tipo de iniciativas achégao a calquera amante da música.

Con este Encontro, o lugar que Narón ocupa no mapa, é meirande.

Scroll ao inicio