7º EcZ 2011. Narón

VII Encontro coa Zanfona Contemporánea. Narón

Datas: 18, 19 e 30 de marzo de 2011

Vías tanxenciais”

A tanxente é a liña que se encontra cunha circunferencia por un só punto. Un punto de inflexión que define o espazo no que arte ten lugar. Eses son ás veces os camiños difusos e indefinidos polos que instrumentos da Idade Media camiñan na Idade Dixital. Aspectos críticos ante as esixencias e adaptabilidades aos novos tempos: a electroacústica, a sonorización, os materias sintéticos, as tensións harmónicas, a afinación, o repertorio, a manipulación de son, o mecanismo xerador…

Tanxente é o vector que indica o movemento da man no manubrio da roda da zanfona. A liña imaxinaria que sinala a vía a tomar nos territorios da realidade sonora. Tanxente é tamén o nome das espadelas (monxoas ou tempereiros, segundo Xoan Manuel Pintos e Faustino Santalices) esas pezas que acurtan a lonxitude das cordas cantantes coas que construír unha melodía.

Territorios compartidos por estéticas posmodernas (drone, acusmática, esquizofonia, secuenciación computacional, reducionismo, intervención sonora, improvisación,o loop,…) que conviven coa música popular e universal, coa música coma razón social e encontro humano na percepción abstracta da paisaxe acústica dos nosos días.

Logo de sete anos os Encontros coa Zanfona Contemporánea segue a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval”. As figuras de renome internacional, presente magnífico dun porvir para a memoria do instrumento neste rexurdir moderno desde os anos 70. Narón ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Óscar Fernández, Anxo Pintos,… ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid,…

Os Encontros de Narón están á vangarda programática para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar. Logo de mil anos de Historia.

PROGRAMA

11h – Sesión didáctica para escolares. Pazo da Cultura. 5º e 6º Primaria. Presentan Jaime Rebollo e Pepa Yáñez

18 h – Imaxes da zanfona. Palestras

  • “Galicia”: Visionado do documental de Carlos Velo (1936) e comentario de Guillermo Escrigas, director do CGAI.
  • “A sanfona de Isidoro Brocos”: Isidoro Brocos, a música tradicional e os seus estudos sobre a sanfona. Conferencia por José Luís do Pico Orjais, historiados.

20.30 h – Concerto en palco. Pazo da Cultura

  • Adrià Grandía
  • Combo Mariñeiro de Vilaxoán
  • Entreacto: Concerto didáctico, “A nickelharpa: zanfona de arco ou viola de teclas?” con Xan Manoel Aparicio (Xan de Verín) e María Gª Blanco
  • 10 h Curso de práctica instrumental con Adrià Grandia.
  • 22 h Palco aberto
  • Curso con Adrià Grandia. Sesión matutina.

Accións previas

  • Sábado 12 marzo. 17 horas: “a zanfona na romería” Performance no Centro Comercial Odeón (Narón): Alumnado da Escola de Zanfona e de Teatro do Padroado de Narón.
  • Vídeos promocionais VII Encontro Zanfona Contemporánea: visita Folque TV
Scroll ao inicio