8º ZdZ 2012. Rianxo

VIII Zona da Zanfona. Encontro Inernacional. Rianxo

Datas: 20, 21 e 22 abril 2012

O 2012 presenta unha viraxe importante no rumbo dos Encontros de Zanfona. Mantendo a mesma filosofía e espírito, muda o seu espazo habitual en Narón para estrear un novo porto de amarre na vila arousana de Rianxo, unha Zona Zanfoneira Temporaria para reunir a amantes deste instrumento, polo menos, unha vez ao ano.

A tanxente é a liña que se encontra cunha circunferencia por un só punto. Un punto de inflexión que define o espazo no que arte ten lugar. Eses son ás veces os camiños difusos e indefinidos polos que instrumentos da Idade Media camiñan na Idade Dixital. Aspectos críticos ante as esixencias e adaptabilidades aos novos tempos: a electroacústica, a sonorización, os materias sintéticos, as tensións harmónicas, a afinación, o repertorio, a manipulación de son, o mecanismo xerador…

Tanxente é o vector que indica o movemento da man no manubrio da roda da zanfona. A liña imaxinaria que sinala a vía a tomar nos territorios da realidade sonora. Tanxente é tamén o nome das espadelas (monxoas ou tempereiros, segundo Xoan Manuel Pintos e Faustino Santalices) esas pezas que acurtan a lonxitude das cordas cantantes coas que construír unha melodía.

Logo de sete anos os Encontros coa Zanfona Contemporánea segue a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval”. As figuras de renome internacional, presente magnífico dun porvir para a memoria do instrumento neste rexurdir moderno desde os anos 70. Narón ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Óscar Fernández, Anxo Pintos, Adrià Grandia, … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid,…

Os Encontros de Zanfona son o único festival da Península Ibérica arredor con programación exclusiva sobre a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar. Logo de mil anos de Historia.

Venres 20 abril. Auditorio de Rianxo

Concerto en palco

  • Tour a Tour”. Gilles Chabenat + Patrick Bouffard Entreacto: Documentario sobre os últimos anos do Encontro de Zanfona Contemporánea do arquivo tirado con imaxes e entrevistas.

Sábado 19 marzo. Auditorio de Rianxo

  • Cursos de práctica instrumental con Gilles Chabenat e Patrick Bouffard
  • Presentación de proxectos: obradoiro de César Loureiro e Estudos de acústica sobre a zanfona.
  • Palco aberto. Camping de Rianxo

Domingo 20 marzo. Auditorio de Rianxo

Curso con Gilles Chabenat e Patrick Bouffard. Sesión matutina.

No 2006 xúntanse dous dos músicos máis recoñecidos do centro de Francia, zanfonistas virtuosos e portadores dunha longa tradición da música de baile das zonas de Auvergne e Berry que se remonta ao século XVIII. Levan ao universo contemporáneo sonoridades doutras épocas, revitalizadas, reinterpretadas e actualizadas con composicións propias e que nos introduecen no século XXI.

Para este espectáculo, Patrick Bouffard, toca a zanfona acústica e Gilles Chabenat a electroacústica, dous músicos que semellan catro e que inspiran músicas posíbeis e íntimas.

Na súa aproximación á zanfona debuxan esencialmente no multifacética natureza dun instrumento que foi en evolución constante desde hai máis que mil anos.

Patrick Bouffard:

Patrick Bouffard naceu no 1963. Inspirado pola tradición de “vielle bourbonnaise” (Centro de Francia), Bouffard contribúe a perpetuar o apelido dos zanfonistas desta rexión por un toque percusivo e brillante, moi axeitado para a danza e os ritmos bailábeis. Situado estilisticamente nas antípodas de tocadores coma Valentín Clastrier, Marc Anthony ou Gilles Chabenat, o seu xeito de tocar é persoal e facilmente recoñecido polos amantes da música tradicional en Europa e é líder de varios proxectos onde reinterpreta as melodías de Auvergne e Berry e as súas propias composicións, hoxe xa do repertorio da nova tradición borbonesa.

Gilles Chabenat:

Nacido tamén en 1963 na Francia Central, Gilles Chabenat empezou tocar a zanfona aos 13 anos con Georges Simon, gañou varios premios de música e se formou co grande renovador contemporáneo Valentin Clastrier, que foi convidado en Narón no 2009. En 1992, Gilles Chabenat empezou uha traxectoria de doce anos co grupo corso I Muvrini. Durante aquel período, coñeceu e traballado cun número de artistas : Véronique Sanson, Florent Pagny, Stephan Eicher, Jean-Jacques Goldman, Picadura, así como Frédéric Paris, Edouard Papazian, Alain Bonnin, e Gabriel Yacoub. Máis recentemente, foi colaborando con músicos de jazz como Vincent Mascart, Jacques Mahieux, Alain Bruel, Alain Gibert, e Jean-Marc Padovani.

Scroll ao inicio