9º ZdZ 2013. Rianxo

IX Zona da Zanfona. Encontro Internacional. Rianxo

Datas: 19-21 abril 2013

Rapsodas sen palabras

Territorios compartidos por estéticas posmodernas (drone, acusmática, esquizofonia, secuenciación computacional, reducionismo, intervención sonora, improvisación, o loop,…) que conviven coa música popular e universal, coa música coma razón social e encontro humano na percepción abstracta da paisaxe acústica dos nosos días.

Logo de oito anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval”. As figuras de renome internacional, presente magnífico dun porvir para a memoria do instrumento neste rexurdir moderno desde os anos 70. Ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Óscar Fernández, Anxo Pintos, Adrià Grandia, … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid,…

Consolidándose en Rianxo están á vangarda programática para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar. Logo de mil anos de Historia.

Programa de actividades

  • Centros de ensino: Actividades escolares– obradoiros e mostra ao redor do instrumento

Biblioteca pública: Aula aberta “Rapsodia da Zanfona”– demostración pública

Auditorio: Concerto-

  • Matthias Loibner (Austria)
  • Alejandro Vargas (Cuba)+ Germán Díaz (Castela)
  • Auditorio: Curso intensivo con Matthias Loibner
  • Lonxa: Serán de baile amenizado con zanfonistas e outros instrumentos
  • Auditorio: Curso intensivo con Matthias Loibner (só de mañá)
  • Cámping: Presentación de propostas sobre a zanfona contemporánea

ARTISTAS INTERNACIONAIS DA ZONA DA ZANFONA 2013

Matthias Loibner: http://matthias.loibner.net/

Virtuoso da zanfona, a miúdo ten sido chamado “O Jimi Hendrix na zanfona” polo seu expresivo estilo. Con todo, tamén rexistrou por primeira vez da obra de Joseph Haydn para zanfona-órgano (lira organizzata), estudou a música de África Do sur e Oriental ou adaptación de lieds de Schubert.

No seu estilo moi persoal as varias emocións e estilos a miúdo mestúranse. Pola zanfona Matthias Loibner parou os seus estudos académicos de composición e dirección adicándose por completo ao instrumento. Xa en 1994 gañou o primeiro premio no “Concours des vielles et cornemuses” de St.Chartier (Francia), o máis importante de Europa. Xunto con Riccardo Delfino escribiu o manual docente estándar para zanfona en lingua alemá e foi ensinando en moitos países en Europa (entre outros: Scola Cantorum en Basilea, Suíza), en Xapón e Australia.

Destalles curiosos da súa carreira é por exemplo, o rexistro privado dun solo á zanfona publicado en youtube leva xa 200.000 visitas.

En Viena Matthias Loibner iniciou un festival de zanfona en cooperación coa estación de radio/casa cultural Ö1. En 2008 lanzou a instalación de son única TimeProject” que reúne catro bandas europeas (Snö, Mitsoura, Palyrria, Familha Artús) do leste ao oeste, do norte aoo sur coa arela de superar tempo e espazo.

Germán Díaz http://germandiaz.net/

Germán Díaz é na actualidade un dos zanfonistas máis recoñecidos no estado español e Europa. Actualmente forma parte de numerosos proxectos: Oh trío, Projecto Miño, Marisco Fresco, Brigada Bravo&Díaz, Tasto Solo… cos que actuou por todo o mundo. Como solista e coautor editou case unha dúcia de traballos discográficos e colaborou nun cento de gravacións. O seu disco “Músicas populares de la Guerra Civil”, en colaboración con Antonio Bravo, foi elexido como 2º mellor disco do ano 2009 pola revista Cuadernos de Jazz, e mellor disco internacional pola veterana revista xaponesa Jazz Tokio.

Alejandro Vargas

Na actualidade musical é un dos pianistas, compositor e intérprete de jazz, máis connotados da nova xeración de músicos cubanos, formado nas prestixiosas Escolas de Arte de Cuba e o Instituto Superior de Arte (ISA) onde foi profesor antes de instalarse en Galicia. Dous discos publicados “Trapiche” gañador do premio Cubadisco, sendo o mellor disco de jazz do ano 2008 e “De volta ao mundo” en formación de quinteto tocando en xiras que os levou a Rio, Montreaux, Recife, Quito, Trinidade ou París. Publicou no 2011 a trio “Oceanía” xa en Galicia e está a preparar un disco só a piano.

É o responsábel musical das Miniatruas de Eugenio Granell, proxecto que recompón apuntamentos nas partituras do pintor surrealista. Foi neste proxecto que coincidiu e coñeceu a Germán Díaz, no que se presenta coma un dúo de preciosismo artístico, un caramelo para os sentidos desde a improvisación libre e a bonitura para os sentidos.

Vídeo da actuación de Matthias Loibner no IX ZdZ

Scroll ao inicio