Nova edición ZdZ: Arzúa 2025

O ZdZ’25 ten datas para a edición 21ª do Festival Internacional Zona da Zanfona que decorrerá na vila de Arzúa entre os días 21 e 23 de novembro de 2025. Nos vindeiros días anunciaremos as actividades programadas para esa edición edición especial que celebra vinte anos de vida nunha cita anual inineterrompida desde o 2005. Entre outras teremos cursos de iniciación e especialización, concertos, presentacións e palestras e convivio das escolas galegas de zanfona así coma un curso online en inglés para público internacional e amenización das rúas durante a Feira do 22 (sábado).

O artista internacional convidado para esta nova edición será o zanfonistas inglés Steve Tyler, acompañado desta volta por Katy Marchant. Este dúo tiña que ter vido á ZdZ o ano 2020, ocasión que non puido ser realizada pola falta de mobilidade das persoas na época da pandemia mundial da COVID-19.

Logo de que o festival fose acollido polas vilas de Narón e Rianxo, repite sede en Arzúa, nas terras da Ulloa no interior da provincia da Coruña.

Scroll ao inicio